Parella feliz

jueves, 29 de mayo de 2008

"A CASA MISTERIOSA"












Ola a todos e a todas. Vou contarvos unha historia sobre a miña casa.


A casa na que vivo eu e unha casa marabillosa que ten de todo: piscinas, jacuzi, un inmenso xardín, un parque, etc. Ten as paredes feitas de pedras moi grandes, o chan está feito de madeira antiga e o teito de tella e fin como podedes comprobar a casa e antiga pero a min gústame mais ca todas as de Galicia.


Agora que xa vos dixen como era a casa vou contarvos a miña historia desde que cheguei a ela.


Cando cheguei a casa fun para a miña habitación a deitarme a durmir unha soneca porque estaba moi cansada da viaxe tan longa que tivera que facer. Pero ao entrar na habitación sorprendinme moito porque vin a Susana voando pola habitación. Ela díxome -¡Socorro, axúdame! Entrei nesta habitación e empecei a voar sen saber como. Logo eu collín unha corda e axudeina a baixar. Acto seguido pregunteille que facía alí e díxome que fora buscar o seu diario que lle quedara alí cando estaba vivindo alí a súa irmá. Logo marchou e deiteime. Cando estaba durmindo aparecéuseme a miña avoa en forma de fantasma e eu escapei correndo. Ao día seguinte a miña nai apareceu en forma de robot, pero ao cabo de 5 minutos volveu ser unha persoa normal. Fai dúas semanas apareceron todos os de 4º transformados en dráculas e intentaron morderme para chuparme o sangue, pero por sorte non o conseguiron porque apareceu meu pai ca escopeta e matounos a todos. Co paso do tempo dinme de conta que todo o que estaba pasando mo estaba facendo a bruxa que estivera vivindo alí ata que morreu e a enterraron no xardín, cando ela morreu foi cando a irmá de Susana se foi vivir para alí e como non aguantaba mais marchou vivir a outro lado. Onte apareceu a bruxa pola mina casa e díxome que non ía parar ata que conseguise que eu e a mina familia marchásemos de alí, e que se non conseguía que marchásemos de alí que ía matar a todo o mundo que estivera alí e que logo me ía matar a min, porque aquela sempre sería a súa casa e de ninguén mais. Pero sabedes o que vos digo? Non me penso render porque un fantasma me ameace. A ver o que pasa.







9 comentarios:

xenevra dijo...

por que non inseriches as imaxes na propia entrada??

sr. rodriguez dijo...

Ola. Unha historia moi boa e cun final sorprendente. A ver quen resiste máis.
Saúdos.

joni dijo...

ola a entrada esta moi ben, e gustame moito sorte .

adrián dijo...

ola a entrada está ben.un saudo.

o home do saco dijo...

ola que tal?? gustoume moito cando o teu pai os matou a todos coa escopeta

o home do saco dijo...

ola gustoume moito a casa, eso non é unha casa é unha mansión jejejej

O que non me gustou nada foi que teu pai nos matara a todos os de cuarto jajaja

polo demais gustoume moito

sr. rodriguez dijo...

Ola.
A historia é boa, pero non me gusta que nos mates a todos, e ten un final sorprendente. A ver se es ti quen resiste máis.
Saúdos.

joni dijo...

bueno a tua casa, non mete moito desde fora, pero ao entrar se que da medo .bueno gustoume veña apaslo ven

joni dijo...

bueno a tua casa, non mete moito desde fora, pero ao entrar se que da medo .bueno gustoume veña apaslo ven

(Hugo y Mery) en Fama ¡A bailar!