Parella feliz

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Presentación e descrición

Ola chámome Mónica e teño 17 anos, son de mediana estatura, teño os ollos marróns, o pelo castaño e non estou nin moi gorda nin moi delgada.


A mín gústame todo tipo de música moderna, tamén me gusta ver a tele, escoitar música, ir de paseo, dormir e que se leven ben comigo.

Non me gusta que digan cousas de min que non son certas e non saben, aínda que lles pareza que as saben. Tampouco me gustan os abusos nin as violacións, non me gusta ter exames nin que me reñan.


Eu vivo en Chantada desde os sete anos aínda que eu preferiría vivir en Ourense, en Pontevedra ou en Vigo que son os sitios que máis me gustan de todo Galicia.


Teño duas irmáns, unha delas chámase Eva e a outra Silvia. Silvia está casada e ten un neno de 7 meses que é precioso e eu quérolle moito aínda que me tira do pelo e me rabuña.

sábado, 10 de noviembre de 2007

tee

Ola chámome Mónica e vou usar este blog para a asignatura de técnicas de expresión escrita. Eu teño dezasete anos e vivo en Chantada desde os sete anos pero a mín non me gusta nada Chantada.

(Hugo y Mery) en Fama ¡A bailar!