Parella feliz

miércoles, 25 de junio de 2008

Ola a todos.
Que tal o curso?
A mín moi ben porque aprobei todo sin ter que ir a setembro.
FELICIDADES A TODOS OS QUE APROBASTES TODO AGORA SEN TER QUE IR EN SETEMBRO.
Bueno Susana olvideime da libreta pero agora non me fai falla.
Ata outra.

martes, 17 de junio de 2008

A DESPEDIDA


Ola a todos e a todas. Que tal estades?


Voume despedir de vós porque este é o último ano que vou pasar neste instituto e polo tanto o último ano que teño técnicas. Como o blog é de técnicas será a última entrada que realice neste blog.


Bueno este curso para mín foi o mellor de todos desde que estou no instituto. Porque aprendín moitas cousas, saquei boas notas e paseino moi ben, sobre todo en técnicas que aprendín a facer un cómic.


Moitas grazas a todos por escribir comentarios no meu blog. Espero que vos gustase moito. Pasádeo ben e non fagades locuras. Ata outra e que sexades moi felices.

jueves, 29 de mayo de 2008

"A CASA MISTERIOSA"












Ola a todos e a todas. Vou contarvos unha historia sobre a miña casa.


A casa na que vivo eu e unha casa marabillosa que ten de todo: piscinas, jacuzi, un inmenso xardín, un parque, etc. Ten as paredes feitas de pedras moi grandes, o chan está feito de madeira antiga e o teito de tella e fin como podedes comprobar a casa e antiga pero a min gústame mais ca todas as de Galicia.


Agora que xa vos dixen como era a casa vou contarvos a miña historia desde que cheguei a ela.


Cando cheguei a casa fun para a miña habitación a deitarme a durmir unha soneca porque estaba moi cansada da viaxe tan longa que tivera que facer. Pero ao entrar na habitación sorprendinme moito porque vin a Susana voando pola habitación. Ela díxome -¡Socorro, axúdame! Entrei nesta habitación e empecei a voar sen saber como. Logo eu collín unha corda e axudeina a baixar. Acto seguido pregunteille que facía alí e díxome que fora buscar o seu diario que lle quedara alí cando estaba vivindo alí a súa irmá. Logo marchou e deiteime. Cando estaba durmindo aparecéuseme a miña avoa en forma de fantasma e eu escapei correndo. Ao día seguinte a miña nai apareceu en forma de robot, pero ao cabo de 5 minutos volveu ser unha persoa normal. Fai dúas semanas apareceron todos os de 4º transformados en dráculas e intentaron morderme para chuparme o sangue, pero por sorte non o conseguiron porque apareceu meu pai ca escopeta e matounos a todos. Co paso do tempo dinme de conta que todo o que estaba pasando mo estaba facendo a bruxa que estivera vivindo alí ata que morreu e a enterraron no xardín, cando ela morreu foi cando a irmá de Susana se foi vivir para alí e como non aguantaba mais marchou vivir a outro lado. Onte apareceu a bruxa pola mina casa e díxome que non ía parar ata que conseguise que eu e a mina familia marchásemos de alí, e que se non conseguía que marchásemos de alí que ía matar a todo o mundo que estivera alí e que logo me ía matar a min, porque aquela sempre sería a súa casa e de ninguén mais. Pero sabedes o que vos digo? Non me penso render porque un fantasma me ameace. A ver o que pasa.







A CASA MISTERIOSA

Ola a todos e a todas. Vou contarvos unha historia sobre a miña casa.
A casa na que vivo eu e unha casa maravillosa que ten de todo: piscinas, jacusi, un inmenso xardín, un parque, etc. Ten as paredes feitas de pedras moi grandes, o chan está feito de madeira antiga e o teito de tella e fin como podedes comprobar a casa e antiga pero a mín gústame mais ca todas as de Galicia.
Agora que xa vos dixen como era a casa vou contarvos a miña historia desde que cheguei a ela.
Cando cheguei a casa fun para a miña habitación a deitarme a durmir unha soneca porque estaba moi cansada da viaxe tan longa que tivera que facer. Pero ao entrar na habitación sorprendinme moito porque vin a Susana voando pola habitación. Ela díxome -¡Socorro, axúdame! Entrei nesta habitación e empezei a voar sen saber como. Logo eu collín unha corda e axudeina a baixar. Acto seguido pregunteille que facía alí e díxome que fora buscar o seu diario que lle quedara alì cando estaba vivindo alì a sùa irmà.Logo marchou e deiteime.Cando estaba durmindo aparecéuseme a miña avoa en forma de fantasma e eu escapei correndo. Ao día seguinte a miña nai apareceu en forma de robot, pero ao cabo de 5 minutos volveu ser unha persoa normal. Fai duas semanas apareceron todos os de 4º transformados en dràculas e intentaron morderme para chuparme o sangue, pero por sorte non o conseguiron porque apareceu meu pai ca escupeta e matòunos a todos. Co paso do tempo dinme de conta que todo o que estaba pasando mo estaba facendo a bruxa que estivera vivindo alì ata que morreu e a enterraron no xardìn, cando ela morreu foi cando a irmà de Susana se foi vivir para alì e como non aguntaba màis marchou vivir a outro lado.
Onte apareceu a bruxa pola mina casa e dìxome que non ìa parar ata que conseguise que eu e a mina familia marchàsemos de alì, e que se non conseguìa que marchàsemos de alì que ìa matar a todo o mundo que estivera alì e que logo me ìa matar a mìn, porque aquela sempre serìa a sùa casa e de ninguèn màis. Pero sabedes o que vos digo? Non me penso rendir porque un fantasma me ameaze. A ver o que pasa.

martes, 27 de mayo de 2008

Semana de poesía









Ola a todos e a todas!

Vou falar da semana da poesía.
Onte eu e os meus compañeiros fumos ver ao salón de actos un traballo que fixeran en homenaxe a poesía os de 1º de bacherelato. Eu paséino moi ben porque había xogos nos que se acertabas conseguías gominolas, pero tamén había un que era de tocar unha guitarra e se tocabas ben a guitarra dábanche un diploma de roqueiro, tamén había algún no que había que ver vídeos e responder preguntas.
Tamén hai unha poxa de libros amenizada por algúns profesores adicada a semana da poesía.

martes, 13 de mayo de 2008

texto


Ola a todos e a todas vouvos contar unha historia que tivemos que inventar a través duns debuxos.


Había unha vez un unicornio que era mago e un día co seu corno máxico transformou un coche, que o ía atropelar, nunha moeda de cinco céntimos e usouna para comprar unha auga nun bar.


martes, 22 de abril de 2008

Monólogo interior

Ola a todos e a todas!

Hoxe vou escribir un monólogo interior que tivemos que facer na clase de técnicas con Rexina. A profesora deunos unha fotocopia que contiña 4 imaxes e desas catro imaxes tiñamos que escoller unha para crear o monólogo, e eu escollín unha fotografía dunha señora maior. Aquí tedes o monólogo a ver que vos parece.



martes, 25 de marzo de 2008

2ª avaliación

Ola a todos, que tal estades?
Para min a segunda avaliación foi moi curta e aprendin moitas cousas como por exemplo a facer un cómic.
As notas foron bastante boas xa que só deixei dúas e a miña familia non me dixo nada. O titor está moi contento porque di que melloramos moito e pensa que na terceira avaliación podemos aprobar todo sin ter que ir a setembro. A ver se teño sorte e é así e espero que os meus compañeiros tamén teñan sorte e aproben todo sen ter que ir a setembro.

martes, 11 de marzo de 2008

O mago Merlín

Merlín foi un mago galés que se cre que vivíu a finais do siglo VI, é unha das figuras centrais do círculo artúrico. É o mago máis famoso da historia europea, é inspirador de moitos magos dá literatura universal.

Según o especialista bretón Jean Markale, Merlín é unha figura polifacética que personifica diferentes arquetipos do mundo mítico celta; como o druida, o Bardo, o home salvaxe, o chamán e o profeta.

jueves, 21 de febrero de 2008

CÓMIC



Ola a todos e a todas, qué tal estades?
Eu e os meus compañeiros creamos o cómic porque a profe de técnicas nos mandou crear unha historia con catro resumes de catro películas que contaron catro compañeiros e logo crear un cómic con esa historia.
Cómo o creamos?
Pois creámolo da seguinte maneira:
  1. Primeiro creámos a historia.
  2. Despois creámos o guión.
  3. Logo Erik buscou as imaxes en internet e imprimíunas.
  4. Despois Adrián Brigos recalcóunas.
  5. Logo eu pintei as imaxes mentres Fran fixo os bocadillos para pegar no cómic.
  6. Despois pegamos os bocadillos no cómic.
  7. Logo pintamos os fondos e repasamos con rotulador permanente.
  8. E fin cómic rematado e entregado a Susana..

E aquí tedes o cómic para que deades a vosa opinión. Espero que vos guste moito, tanto como me gusta a mín.

























(Hugo y Mery) en Fama ¡A bailar!