Ola a todos e a todas. Vou contarvos unha historia sobre a miña casa.
A casa na que vivo eu e unha casa maravillosa que ten de todo: piscinas, jacusi, un inmenso xardín, un parque, etc. Ten as paredes feitas de pedras moi grandes, o chan está feito de madeira antiga e o teito de tella e fin como podedes comprobar a casa e antiga pero a mín gústame mais ca todas as de Galicia.
Agora que xa vos dixen como era a casa vou contarvos a miña historia desde que cheguei a ela.
Cando cheguei a casa fun para a miña habitación a deitarme a durmir unha soneca porque estaba moi cansada da viaxe tan longa que tivera que facer. Pero ao entrar na habitación sorprendinme moito porque vin a Susana voando pola habitación. Ela díxome -¡Socorro, axúdame! Entrei nesta habitación e empezei a voar sen saber como. Logo eu collín unha corda e axudeina a baixar. Acto seguido pregunteille que facía alí e díxome que fora buscar o seu diario que lle quedara alì cando estaba vivindo alì a sùa irmà.Logo marchou e deiteime.Cando estaba durmindo aparecéuseme a miña avoa en forma de fantasma e eu escapei correndo. Ao día seguinte a miña nai apareceu en forma de robot, pero ao cabo de 5 minutos volveu ser unha persoa normal. Fai duas semanas apareceron todos os de 4º transformados en dràculas e intentaron morderme para chuparme o sangue, pero por sorte non o conseguiron porque apareceu meu pai ca escupeta e matòunos a todos. Co paso do tempo dinme de conta que todo o que estaba pasando mo estaba facendo a bruxa que estivera vivindo alì ata que morreu e a enterraron no xardìn, cando ela morreu foi cando a irmà de Susana se foi vivir para alì e como non aguntaba màis marchou vivir a outro lado.
Onte apareceu a bruxa pola mina casa e dìxome que non ìa parar ata que conseguise que eu e a mina familia marchàsemos de alì, e que se non conseguìa que marchàsemos de alì que ìa matar a todo o mundo que estivera alì e que logo me ìa matar a mìn, porque aquela sempre serìa a sùa casa e de ninguèn màis. Pero sabedes o que vos digo? Non me penso rendir porque un fantasma me ameaze. A ver o que pasa.

1 comentario:
- Revisa a ortografía.
- rele este fragmento e mellórao "Co paso do tempo dinme de conta que todo o que estaba pasando mo estaba facendo a bruxa que estivera vivindo alì ata que morreu e a enterraron no xardìn, cando ela morreu foi cando a irmà de Susana se foi vivir para alì e como non aguntaba màis marchou vivir a outro lado."
- moi boa a historia ;)))
Publicar un comentario